Estimulación cerebral profunda (DBS)
Que é a estimulación cerebral profunda (DBS)?
A estimulación cerebral profunda (DBS) é un procedemento cirúrxico que implica a implantación de electrodos en áreas específicas do cerebro. Estes electrodos están conectados a un neuroestimulador, similar a un marcapasos, que se implanta debaixo da pel. O neuroestimulador envía impulsos eléctricos aos electrodos no cerebro, modulando a actividade neuronal e aliviando os síntomas de certos trastornos neurolóxicos e psiquiátricos.
Para que serve esta proba diagnóstica?
Os principais usos da estimulación cerebral profunda (DBS) son:
- Enfermidade de Parkinson: para reducir os tremores, a rixidez, a lentitude de movementos e outros síntomas motores.
- Tremor esencial: para reducir os tremores incontrolables.
- Distonía: para reducir as contraccións musculares involuntarias e os movementos anormais.
- Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC): para reducir os pensamentos obsesivos e os comportamentos compulsivos.
- Depresión resistente ao tratamento: para aliviar os síntomas da depresión que non responden a outros tratamentos.
Beneficios da alta tecnoloxía na DBS
A estimulación cerebral profunda (DBS) ofrece unha serie de beneficios clave grazas á tecnoloxía que emprega:
- Planificación precisa: a resonancia magnética (RM) de alta resolución permite identificar con precisión as áreas do cerebro que se van estimular.
- Guía cirúrxica avanzada: a RM ou a TC intraoperatoria, xunto con sistemas de neuronavegación, permiten guiar a colocación dos electrodos con precisión milimétrica.
- Estimulación personalizada: a programación do neuroestimulador realízase de forma individualizada para cada paciente, axustando os parámetros de estimulación para maximizar os beneficios e minimizar os efectos secundarios.
- Mellora da calidade de vida: a DBS pode mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes ao reducir os síntomas dos seus trastornos.
Como é o procedemento?
A estimulación cerebral profunda (DBS) é un procedemento complexo que se realiza en varias etapas:
-
Preparación:
É importante informar ao seu médico sobre calquera alerxia que teña, especialmente aos metais. Tamén debe informar sobre todos os medicamentos que estea a tomar, incluíndo os de venda libre e os suplementos. É posible que deba suspender algúns medicamentos antes da cirurxía, como os anticoagulantes e a medicación para o tremor ou a enfermidade de Parkinson.
-
Durante a proba:
O procedemento realízase en dúas etapas principais.
- Primeira etapa
Colocaráselle un marco estereotáxico na cabeza para guiar a colocación dos electrodos. Realizarase unha RM e TC para obter imaxes detalladas do seu cerebro, e, a continuación será conducido ao quirófano, onde se lle canalizarán unhas vías periféricas por si precisa medicación durante a cirurxía e será sondado tamén. Administraráselle anestesia local e sedación. Realizaranse pequenas incisións no coiro cabeludo e perforaranse pequenos orificios no cranio. É posible que sexa necesario cortar algo do cabelo. Durante o procedemento, deberá permanecer esperto e atento a algunha indicación sinxela do medico que estea no tratamento xa que a través dos electrodos que se lle implantan, realizarase rexistro da actividade cerebral que permitirá a ubicación precisa dos electrodos. - No mesmo día e tras haber colocado os electrodos dentro do cerebro, administraráselle anestesia xeral para colocar o neuroestimulador (marcapaso). Realizarase unha incisión no peito, debaixo da clavícula. Crearase un peto debaixo da pel para albergar o neuroestimulador. Por último, conectaranse os electrodos do cerebro ao neuroestimulador. Tanto o neuroestimulador como os cables que o conectan aos electrodos irán por debaixo da pel.
- Primeira etapa
-
Despois da proba:
Despois da cirurxía, pecharanse as incisións no coiro cabeludo e no peito. É posible que deba permanecer no hospital durante uns días para monitorizar a súa recuperación. Daráselle instrucións sobre como coidar as incisións e que signos de infección debe vixiar. Tamén se programará unha cita para activar e programar o neuroestimulador.
Recomendacións para a proba
Lembre que é importante seguir estas recomendacións para asegurar a calidade do estudo e a súa comodidade:
- Coidado das incisións: siga as recomendacións do seu médico sobre como coidar as incisións despois da cirurxía.
- Informar sobre alerxias: é crucial informar ao persoal médico se ten alerxia coñecida a algún metal ou a calquera outro material utilizado no procedemento.
- Informar sobre medicamentos: é importante que informe ao seu médico sobre todos os medicamentos que estea a tomar, incluíndo os de venda libre e os suplementos.
- Suspender certos medicamentos: é posible que deba suspender certos medicamentos antes da cirurxía, como os anticoagulantes. Siga as instrucións do seu médico.
- Instrucións preoperatorias: siga coidadosamente todas as indicacións proporcionadas polo seu médico ou polo persoal do hospital.
¿Ten algún risco?
A estimulación cerebral profunda (DBS) é xeralmente segura, pero como calquera procedemento cirúrxico, ten algúns riscos mínimos a considerar:
- Infección: como calquera prótese que se coloca nun organismo existe un risco de infección no sitio da incisión ou arredor dos electrodos ou do xerador, o risco é moi escaso e se minimiza con tratamento antibiótico.
- Hemorraxia ou accidente cerebro vascular : existe un risco de hemorraxia no cerebro durante a colocación dos electrodos que está arredor do 1%, en pacientes mais ancianos, con hipertensión ou en relación con certos fármacos pode ser máis frecuente.
- Complicacións relacionadas co hardware: poden ocorrer problemas co hardware, como o desprazamento dos electrodos, a rotura dos cables pero é algo infrecuente se se toman as precaucións debidas.
- Efectos secundarios: poden ocorrer efectos secundarios relacionados coa estimulación, como problemas de fala, problemas de equilibrio, cambios de humor ou problemas cognitivos, estes problemas habitualmente pódense resolver modificando convenientemente a programación.
Para que a túa proba se desenvolva sen contratempos, pedímosche que chegues con antelación á hora indicada. Así poderemos realizar a preparación administrativa e clínica necesaria.
Antes da proba, entregarémosche o Consentimento Informado, un documento con información importante que deberás ler e asinar.
Se a túa cita é para unha Resonancia Magnética (RM), é crucial que nos informes sobre a presenza de marcapasos, obxectos metálicos, próteses (incluídas as dentais), tatuaxes ou dispositivos de infusión de medicamentos, como bombas de insulina.
Estas probas diagnósticas son moi seguras, pero como en calquera procedemento médico, existe unha mínima posibilidade de incidencia.