Ir ao contido

Mamografía con contraste

Que é a mamografía con contraste?

A mamografía con contraste, tamén chamada mamografía espectral con realce (CEM), é unha técnica de imaxe mamaria avanzada que combina a mamografía dixital coa administración intravenosa dun contraste iodado e un procesamento dixital avanzado. O seu obxectivo é analizar a vascularización da mama e resaltar áreas ou masas anormais de tecido que poidan captar máis contraste, o cal é un signo de actividade tumoral.

Para que serve esta proba diagnóstica?

Os principais usos da mamografía con contraste son:

  • Detección de cancro de mama: en mamas con alta densidade de tecido glandular e fibroso, o cancro pode ser máis difícil de detectar nunha mamografía regular. A CEM aumenta a visibilidade dos tumores ao resaltar a súa vascularización.
  • Caracterización de lesións sospeitosas: cando unha mamografía ou outra técnica de imaxe detecta unha anomalía na mama, pero os resultados non son concluíntes, a CEM pode axudar a determinar se se trata dunha lesión benigna ou maligna.
  • Estadificación local do cancro de mama: tras un diagnóstico de cancro, a CEM axuda a determinar se hai outras lesións nesa mama ou na contralateral, o que permite definir mellor a extensión da enfermidade.
  • Control da resposta a tratamentos oncolóxicos: permite monitorizar a eficacia da quimioterapia antes da cirurxía, avaliando se o tumor está respondendo ao tratamento.
  • Seguimento de pacientes con antecedentes persoais e familiares de cancro de mama: en pacientes con alto risco, a CEM pode ser unha ferramenta valiosa para a detección temperá, complementando outras probas.
  • Alternativa á resonancia magnética (RM) de mama: para pacientes que non poden someterse a unha RM ou lles resulta difícil tolerala, a CEM é unha alternativa.

Beneficios da alta tecnoloxía na CEM

A mamografía con contraste ofrece unha serie de beneficios clave grazas á tecnoloxía que emprega:

  • Mellor detección en mamas densas: facilita a detección temperá do cancro en mamas con alta densidade, onde as mamografías convencionais poden ser menos eficaces.
  • Maior precisión diagnóstica: permite diferenciar entre lesións benignas e malignas con maior certeza, reducindo a necesidade de biopsias innecesarias.
  • Información funcional: proporciona datos sobre a vascularización das lesións, o que axuda a determinar a súa actividade e agresividade.
  • Planificación de tratamentos: facilita unha estadificación máis precisa do cancro, axudando a planificar o tratamento máis axeitado para cada paciente.
  • Seguimento da resposta aos tratamentos: permite avaliar se o tumor está respondendo ao tratamento e tomar decisións máis informadas.
MamografÍa contraste 2560x1707

Como é o procedemento?

A mamografía con contraste é unha proba rápida e ben tolerada, similar a unha mamografía convencional, pero con algunhas diferenzas importantes:

  • Preparación:

    É fundamental informar ao teu médico se tes alerxia ao iodo ou a medios de contraste radiolóxicos, padeces algunha enfermidade renal, tes problemas de tiroide, estás embarazada ou en período de lactancia. Antes da proba, deberás quitar todos os obxectos metálicos (xoias, piercings, etc.) e evitar o uso de desodorantes, cremas ou talcos na zona das mamas e axilas. Para este tipo de proba, non é necesario acudir en xaxún.

  • Durante a proba:

    Unha persoa de enfermaría canalizará unha vea no brazo para a administración do contraste iodado. Colocaraste de pé fronte ao mamógrafo, e a mama será comprimida brevemente entre dúas placas. A continuación, tomaranse varias imaxes de cada mama, primeiro sen contraste e logo con contraste. A exploración completa adoita durar só uns 10 minutos. É importante destacar que é normal sentir calor ou unha sensación estraña cando se inxecta o contraste, polo que non debes preocuparte.

  • Despois da proba:

    É recomendable beber abundante auga para axudar a eliminar o contraste do organismo. Poderás retomar as túas actividades habituais inmediatamente despois da proba. Non obstante, se experimentas picor, erupción cutánea, inchazo ou dificultade para respirar, acude ao médico para descartar unha posible reacción alérxica.

Recomendacións para a proba

Lembra que é importante seguir estas recomendacións para asegurar a calidade do estudo e a túa comodidade:

  • Informar sobre alerxias: é crucial informar ao persoal médico se tes alerxia coñecida ao iodo ou a calquera outro medio de contraste.
  • Informar sobre embarazo ou lactancia: se estás embarazada ou amamantando, debes informar ao teu médico antes da proba, xa que o medio de contraste podería non ser axeitado nestas situacións.
  • Informar sobre problemas renais: se tes problemas renais coñecidos, é importante comunicalo, porque o medio de contraste elimínase a través dos riles.
  • Evitar o uso de desodorantes, talcos ou locións: non uses estes produtos na zona do peito e as axilas o día da proba, xa que poden interferir coas imaxes.
  • Comunicar calquera medicación que esteas tomando: especialmente se tomas medicamentos para a diabetes (como a metformina), xa que poderían requirir axustes antes ou despois da proba.

.

¿Ten algún risco? 

A mamografía con contraste é xeralmente segura, pero como calquera procedemento médico que implica a administración dun medio de contraste, existen algúns riscos potenciais:

  • Reaccións alérxicas ao medio de contraste: aínda que pouco comúns, poden ocorrer reaccións alérxicas que varían desde leves (picor, erupción cutánea) ata graves (dificultade para respirar, shock anafiláctico). O persoal médico está preparado para manexar estas situacións.
  • Nefropatía inducida por contraste (NIC): en pacientes con función renal comprometida, o medio de contraste pode danar os riles. Tomaranse precaucións especiais se tes antecedentes de problemas renais.
  • Exposición a radiación: aínda que a dose de radiación nunha mamografía é baixa, existe un risco mínimo asociado á exposición. Os beneficios da detección temperá do cancro de mama superan amplamente este risco.
  • Dor ou molestia no lugar da inxección: algunhas persoas poden experimentar dor, hematomas ou inchazo no lugar onde se inxecta o medio de contraste.

Para que a túa proba se desenvolva sen contratempos, pedímosche que chegues con antelación á hora indicada. Así poderemos realizar a preparación administrativa e clínica necesaria.

Antes da proba, entregarémosche o Consentimento Informado, un documento con información importante que deberás ler e asinar.

Se a túa cita é para unha Resonancia Magnética (RM), é crucial que nos informes sobre a presenza de marcapasos, obxectos metálicos, próteses (incluídas as dentais), tatuaxes ou dispositivos de infusión de medicamentos, como bombas de insulina.

¿Necesitas realizarte esta prueba?

Pedir cita
facebookinstagramlinkedinxyoutubetravelgroupcalendar_todaysearchmenuclosetroubleshootarrow_up