Ir ao contido

Unidade de Parto e Recuperación

Pedir cita

Cada vez son máis as mulleres que optan por vivir a experiencia do parto dun xeito máis fisiolóxico sen que iso supoña un perigo para a súa saúde ou para a dos seus bebés. É o que se denomina parto de baixa intervención ou parto natural, unha modalidade que a Maternidade HM Belén da Coruña che ofrece na súa Unidade de Traballo de Parto e Recuperación (UTPR).

Dar a luz de forma segura e natural na Maternidade HM Belén

Esta unidade, pioneira na sanidade privada de Galicia, está dirixida a aquelas pacientes con xestacións de baixo risco, de máis de 37 semanas e que se atopen en traballo de parto. Un embarazo de baixo risco é aquela xestación nunha muller sa, que non ten enfermidades médicas crónicas ou obstétricas, que non ten antecedentes reprodutivos desfavorables e cuxa xestación se desenvolve dentro dos patróns de normalidade.

E é que o obxectivo desta unidade é fomentar un proceso de parto o máis fisiolóxico posible pero coa maior seguridade para a nai e para o bebé. No entorno hospitalario da Maternidade HM Belén mantéñense todas as medidas de seguridade e priorízase sempre a saúde da nai e do recén nacido.

A UTPR da Maternidade HM Belén é a resposta de HM Hospitales á crecente demanda de nais que queren vivir un parto menos intervencionista. Para iso ofrécese un espazo especialmente deseñado para favorecer a intimidade e a relación, que a muller non terá que abandonar durante todo o ingreso posto que a estancia está preparada para ofrecer a máxima comodidade ao longo do proceso. Isto permite, ademais, fomentar o vínculo afectivo entre a nai e o recén nacido, ao tempo que se reforza a implicación do pai ou outros familiares nos coidado do bebé nas súas primeiras horas.

Bañeira de dilatación-parto

A nova unidade de parto natural da Maternidade HM Belén dispón de todos os recursos necesarios que axuden, tanto á xestante e á súa parella como aos profesionais, a vivir a experiencia do parto da forma máis fisiolóxica, respectuosa e humanizada posible.

A habitación dispón de diversos elementos que axudan a aliviar a dor sen necesidade de recorrer á analxesia epidural, como son a liana, o balón, a cadeira adaptada ou a bañeira de dilatación-parto, o elemento máis notorio do servizo. A inmersión en calor, neste caso na bañeira, reduce a percepción de dor e mellora a tolerancia ás contraccións, ademais de acurtar o tempo de dilatación e reducir os desgarros perineais ao mellorar a elasticidade.

Destaca tamén a intimidade e a comodidade desta nova unidade deseñada para crear un ambiente agradable e confortable. Para iso a estancia ofrece a posibilidade de escoitar música, combina luz natural con luz artificial regulable e zonas de movemento e descanso. O equipo de matronas apoia o proceso animando ás nais a cambiar de posición, pasear ou mobilizar a pelve sobre a pelota. Cambiar de postura en lugar de permanecer deitada adoita axudar a acurtar o período de expulsivo, diminúe a dor e mellora a eficacia das contraccións.

Pero hai moitas máis opcións que a nai pode elixir e que, salvo indicación médica, se respectan escrupulosamente, como non rasurar nin administrar enema de limpeza, non utilizar oxitocina de rutina, realizar tactos innecesarios ou impedir a inxesta de líquidos (auga, infusións, etc.).

facebookinstagramlinkedinxyoutubeopen_in_newtravelgroupcalendar_todaysearchmenuclosecross boldarrow_up