Unidade de Medicina da Reprodución
En HM Hospitales, fieis á nosa maneira de entender a Medicina e apoiándonos na nosa experiencia, poñemos ao teu servizo o mellor equipo médico e as máis avanzadas técnicas para axudarche a cumprir o teu soño: Ser nai.
España pasou de ser unha das sociedades europeas con maior nivel de fecundidade a estar entre os últimos da Unión Europea. As causas son múltiples e variadas, aínda que entre as principais razóns está o atraso na maternidade que, en moitas ocasións, acaba supoñendo un grave impedimento para lograr o embarazo, unha dificultade que se incrementa aínda máis cando se trata de ter un segundo ou terceiro fillo polo paso do tempo.
A demanda nos centros de fertilidade aumentou notablemente nos últimos anos, precisamente pola dificultade que entraña atrasar a idade na que se decide ser nai ou pai. E é que non se trata dun problema exclusivo da muller. En termos globais reduciuse moito a calidade espermática, o que inflúe tamén notablemente á hora de intentar un embarazo.
Investigación e todas as técnicas dispoñibles
Actualmente contamos con numerosas técnicas de reprodución humana que van desde a inseminación artificial, de baixa complexidade, ata outras de maior complexidade como a fecundación in vitro (FIV) e as súas variantes, como a inxección intracitoplasmática, o diagnóstico xenético preimplantacional. Sen esquecer a vitrificación de óvulos, a medida preventiva a nivel médico máis eficaz contra a infertilidade asociada á idade. Por iso incide na importancia de concienciar sobre a influencia da idade na consecución do embarazo e naquelas mulleres que desexen pospoñer a maternidade para que vitrifiquen os seus ovocitos, unha medida eficaz tamén ante a infertilidade causada por algunhas enfermidades.
O equipo de HM Fertility Center permite ofrecer aos pacientes a posibilidade de realizar procedementos de cirurxía minimamente invasiva para o estudo e/ou tratamento de patoloxía reprodutiva. A realización de ditas técnicas polo propio especialista de reprodución asistida ofrece unha visión máis exhaustiva dos factores relacionados co fallo reprodutivo, permitindo un diagnóstico máis completo e maiores opcións de éxito no tratamento. En canto a aproximacións diagnósticas, cada vez contamos con máis ferramentas que nos permiten coñecer o momento idóneo para realizar a transferencia dun embrión como son os test de receptividade e microbioma endometrial, xa que hoxe en día sabemos que unha porcentaxe adecuada de Lactobacillus ten unha influencia positiva sobre a consecución do embarazo.
En HM Fertility Center ofrécese tamén a posibilidade de realizar test de compatibilidade xenética (matching xenético) en pacientes que busquen un embarazo ou para seleccionar doantes de gametos xeneticamente compatibles. Estes test permiten diminuír o risco de aparición de enfermidades recesivas na descendencia.
Tratamento personalizado e ‘friendly medicine’
O noso obxectivo é ofrecer un tratamento personalizado a cada paciente para que consiga o embarazo no menor tempo posible co menor custo económico e psicolóxico. Axudar a cumprir o soño de ser nai ou pai desde un enfoque máis humano, o que os anglosaxóns denominan ‘friendly medicine‘ e que supón un valor engadido ao noso servizo.
Para logralo, o equipo de HM Fertility Center conta con dúas grandes vantaxes. Por unha parte está a súa localización na Maternidade HM Belén onde se realizan todas as probas diagnósticas sen necesidade de desprazamento e cuxas instalacións acaban de ser totalmente remodeladas para ofrecer o maior desenvolvemento técnico, como é o caso do laboratorio de embrioloxía. E por outra parte está a súa integración nun gran grupo como é HM Hospitales, que lles permite traballar en rede cos mellores especialistas do país en reprodución asistida pero tamén con outros servizos como xenética, androloxía, psicoloxía, etc. Un servizo multidisciplinar capaz de tratar todos aqueles aspectos que poden xurdir durante o tratamento, físicos e psicolóxicos.
Todo iso permite ofrecer unha atención integral que redunda no éxito do tratamento e que converteu HM Fertility Center nun dos centros punteiros do país. A iso súmase a investigación, que permite seguir innovando e dar resposta a quen aínda non a atoparon, e á que tamén se sumou o novo equipo da Coruña que asegura iniciar esta etapa coa maior ilusión.