Unidade da Voz
A patoloxía da larinxe, farinxe e os problemas de voz comprenden unha gran cantidade de entidades diferentes, que require de unhas técnicas diagnósticas e terapéuticas moi específicas e profesionais formados de maneira específica nestas patoloxías. O Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela pon á súa disposición a Unidade da Voz, composta por un equipo multidisciplinar combinado entre Otorrinolaringoloxía e Logopedia.
As patoloxías de larinxe, farinxe e os problemas de voz requiren dunha exploración endoscópica e estroboscópica, explorando de maneira directa a mobilidade e funcionalidade das cordas vocais mentres se realiza a fonación.
Os profesionais que utilizan a voz como principal ferramenta de traballo son múltiples e os problemas de voz nestes profesionais esixen un coñecemento especial das implicacións que supoñen na súa actividade profesional, ademais de coñecementos musicais, de canto e de proxección de voz.
A disfaxia, ou problemas de deglución, requiren dunha exploración xeral de cabeza e pescozo. Realízase unha endoscopia da deglución, valorando na consulta a capacidade para tragar diferentes comidas e texturas, previa tinción das mesmas; mentres se realiza unha visión directa da farinxe mediante endoscopia.
Por iso a importancia de contar cun equipo multidisciplinar que conte con especialistas que sexan capaces de abordar os problemas de voz, voz profesional e deglución na súa totalidade, cunha actuación conxunta tendo sempre no centro as necesidades de cada paciente en concreto.
A larinxe é o órgano que utilizamos para a emisión de sons, cunhas estruturas especialmente complexas e únicas que son as cordas vocais.
Cando unha persoa queda afónica ou cambia a calidade da súa voz (disfonía) o problema pode residir na larinxe, especificamente nas cordas vocais.
Para un correcto diagnóstico, será necesaria realizar unha inspección directa das cordas vocais, unha exploración de todo o aparello fonatorio e un estudo da calidade da voz.
Tratamento logopédico: Rehabilitación vocal
A maior parte das patoloxías da voz son subsidiarias de tratamento rehabilitador en primeira instancia, levado a cabo por un logopeda especialista en patoloxía vocal.
Tratamento médico: o tratamento dalgunhas patoloxías pódese realizar con medicación tanto oral como intravenosa. Nalgunhas ocasións a cirurxía é a solución para a extirpación de lesións orgánicas nas cordas. En casos concretos, no noso centro realízanse intervencións minimamente invasivas sobre as cordas vocais a través de puncións percutáneas directas sobre a larinxe, sen necesidade de anestesia xeral nin cirurxía.
Terapias específicas:
- Problemas vocais en cantantes, actores e locutores
- Patoloxía neurolóxica da larinxe: tremor vocal, disfonía espástica
- Envellecemento vocal: presbifonía
- Papilomatose larínxea
- Voz transxénero: feminización e masculinización da voz
Equipo Médico Unidade da Voz en HM Rosaleda:
Otorrinolaringoloxía: Dr. Javier Lage (Servizo de ORL)
Logopedia: Noelia Geada (logopeda especialista en voz e voz profesional)