Ir ao contido

Unidade de Rehabilitación Cardíaca, Respiratoria e de Medicina do Deporte

Pedir cita

A Unidade de Rehabilitación Cardíaca, Respiratoria e de Medicina do Deporte do Hospital HM Modelo da Coruña conta cun equipo multidisciplinar de especialistas cuxo principal obxectivo é mellorar a calidade de vida do paciente, mediante un enfoque totalmente individualizado e adaptado ás necesidades específicas de cada caso.

Esta unidade especializada está dirixida a pacientes con enfermidade pulmonar crónica, enfermidade cardíaca ou que foron intervidos cirurxicamente do corazón. Así mesmo, tamén está orientada a aquelas persoas que practican ou desexan comezar unha actividade física ou deportiva, xa sexa de forma moderada ou intensa, e que buscan facelo coas máximas garantías de seguridade, someténdose para iso a recoñecementos médicos específicos.

​​Rehabilitación Cardíaca 

Destinado ao paciente que ten unha enfermidade cardíaca ou foi operado de corazón, comprende sesións multidisciplinares dedicadas tanto ao adestramento físico como á educación do paciente, co obxectivo de controlar os factores de risco cardiovascular (tabaquismo, hipertensión arterial, colesterol elevado, sedentarismo…) a través de programas específicos. Constatouse que a mortalidade por enfermidade cardíaca diminúe entre un 20 e un 30 por cento se se leva a cabo esta clase de rehabilitación.

Rehabilitación ​Respiratoria

Os pacientes con enfermidade pulmonar crónica constitúen un grupo de poboación moi importante, que na actualidade non ten ben cuberta esta posibilidade de tratamento. Para iso, púxose en marcha o programa integral de rehabilitación respiratoria, que combina adestramento aeróbico con adestramento de forza muscular en extremidades, fisioterapia respiratoria, charlas educativas sobre a enfermidade e o seu tratamento e consellos sobre nutrición e hábitos de vida saudables.

Medicina do Deporte e Rehabilitación Cardio-Respiratoria

Esta unidade, integrada por un equipo de profesionais de Cardioloxía, Neumoloxía, Medicina Deportiva e Fisioterapia, ofrece unha atención de excelencia a persoas que realizan ou desexen realizar unha determinada actividade física ou deportiva, máis ou menos intensa, baseada nun exame integral previo e unha adecuación personalizada en función das súas particulares condicións e capacidade física. ​

Por outra banda, ofrece a pacientes con enfermidade cardíaca ou pulmonar unha atención especializada destinada a adquirir hábitos de exercicio saudables e a modificar outros nocivos, co obxectivo de obter o máximo das súas posibilidades físicas e mentais.

facebookinstagramlinkedinxyoutubeopen_in_newtravelgroupcalendar_todaysearchmenuclosecross boldarrow_up