Ir ao contido

Que é a BAG de mama?

A BAG (biopsia con agulla grosa) de mama é un procedemento que se utiliza para obter unha mostra de tecido mamario cando hai sospeita dunha anormalidade. É un método menos invasivo que a biopsia cirúrxica ou a biopsia asistida por baleiro. Porén, os nosos radiólogos indicarán cal é o mellor procedemento intervencionista no teu caso particular.

Para que serve esta proba diagnóstica?

A biopsia con agulla grosa (BAG) de mama realízase para:

  • Diagnosticar cancro de mama: confirmar ou descartar a presenza de células canceríxenas no tecido mamario.
  • Avaliar anomalías: investigar achados sospeitosos detectados en mamografías ou ecografías, como nódulos ou áreas de engrosamento.
  • Obter unha mostra para análise: permitir a análise detallada do tecido mamario no laboratorio para determinar a natureza da anomalía.

Beneficios da alta tecnoloxía na BAG de mama

A guía ecográfica na BAG de mama permite unha localización precisa da lesión, asegurando que a mostra de tecido se obteña da área correcta, o que dá lugar a un diagnóstico máis preciso. Ademais, o radiólogo pode visualizar a agulla en tempo real, o que reduce o risco de complicacións e fai que o procedemento sexa máis seguro. Finalmente, ao ser guiada por ecografía, a BAG é menos invasiva que outros tipos de biopsia, o que pode resultar nunha recuperación máis rápida e con menos molestias.

Bag mama 2560x1707

Como é o procedemento?

O procedemento dunha BAG de mama é relativamente rápido e eficaz:

  • Preparación:

    Antes do procedemento, o radiólogo revisa as imaxes das probas de imaxe onde se describiu a anomalía.

  • Durante a proba:

    Realízase na consulta, mentres estás deitada na padiola da ecografía. Limparase a pel cun antiséptico antes do procedemento. Mediante guía ecográfica, localízase a lesión, e utilízase anestesia local, o que permite que o procedemento se realice sen dor, aínda que podes sentir algo de presión. Empregase unha agulla grosa e obtéñense varias mostras de tecido mamario. As mostras envíanse ao laboratorio de anatomía patolóxica para a súa análise.

    • Colocación de marcador (opcional): nalgúns casos, é posible que se coloque un marcador metálico na lesión despois do procedemento. A maneira de colocalo será seguindo a mesma entrada e o mesmo traxecto da biopsia, mediante unha agulla fina, que liberará o marcador en tempo real no leito da biopsia. Non notarás nada e poderase realizar calquera proba de imaxe posteriormente, sen ningún problema. É importante saber que o marcador quedará na mama, salvo que se indique a extirpación da lesión. Non o notarás; é de tamaño moi pequeno.
  • Despois da proba:

    Inmediatamente despois do procedemento, aplicarase presión na área para deter calquera sangrado, e recibirás as instrucións dos coidados posteriores, como aplicar frío e compresión. Podes experimentar inchazo ou dor leve onde se realizou a biopsia, pero estes síntomas desaparecerán en poucos días. Poderás tomar analxésicos se é necesario. Recoméndase evitar actividades extenuantes e facer forza intensa nas primeiras 24-48 horas. Os resultados da biopsia estarán nunha semana ou antes se son indicados como preferentes.

Recomendacións para a proba

  • Xaxún e preparacións: non é necesario xaxún nin preparacións especiais antes do procedemento.
  • Medicamentos e alerxias: é importante que avises se estás tomando algún medicamento anticoagulante ou tes algunha alerxia. Tamén se tes alerxia a algún metal, sobre todo se se che vai colocar un marcador metálico.
  • Embarazo e lactancia: pódese realizar en embarazadas e lactantes.
  • Coidados posteriores: recoméndase compresión da zona e aplicar xeo; tamén se deben evitar esforzos físicos intensos, e vixiar signos de infección e sangrado activo. Recoméndase acudir ao hospital en caso de signos de alarma.

¿Ten algún risco?

En xeral, é un procedemento seguro, minimamente invasivo e ben tolerado. Como en calquera procedemento médico, existen algúns riscos. Os principais son:

  • Sangrado ou hematoma: na maioría dos casos, resólvese só en poucos días ou semanas. En casos moi excepcionais, pode existir sangrado activo que requira cirurxía para resolverse. Este risco é maior se a paciente toma anticoagulantes ou ten trastornos de coagulación.
  • Infección: é pouco común, pero existe a posibilidade de infección. Vixiar se hai vermelhidón na zona, calor ou febre.
  • Dor ou molestia: é normal sentir molestias despois do procedemento; en xeral, contrólanse con analxésicos suaves como paracetamol.
  • Alteracións na pel: pode quedar unha pequena cicatriz no lugar da punción, aínda que é mínima.
  • Neumotórax (moi raro): existe un risco extremadamente baixo de que se produza un neumotórax, que é a acumulación de aire entre o pulmón e a parede torácica. Esta complicación é excepcionalmente infrecuente na BAG de mama.

Para que a túa proba se desenvolva sen contratempos, pedímosche que chegues con antelación á hora indicada. Así poderemos realizar a preparación administrativa e clínica necesaria.

Antes da proba, entregarémosche o Consentimento Informado, un documento con información importante que deberás ler e asinar.

Se a túa cita é para unha Resonancia Magnética (RM), é crucial que nos informes sobre a presenza de marcapasos, obxectos metálicos, próteses (incluídas as dentais), tatuaxes ou dispositivos de infusión de medicamentos, como bombas de insulina.

Necesita realizar esta proba?

Pedir cita
Diagnoses horizontal
facebookinstagramlinkedinxyoutubeopen_in_newtravelgroupcalendar_todaysearchmenuclosecross boldtroubleshootarrow_up