Unidade de Lesionados en Accidente de Tráfico
Poñemos á súa disposición equipos de profesionais de todas as especialidades médicas, cun trato persoal e integral, que lle garante unha rápida e completa recuperación coa mellor calidade.
Ante un accidente de tráfico, non dubide en acudir ao Servizo de Atención a Lesionados de Tráfico, de calquera hospital do Grupo HM Hospitales. Se xa recibiu a urxencia en calquera outro Centro Sanitario, xa sexa público ou privado, continúe o seu tratamento en calquera dos nosos Hospitais.
Poderemos atendelo no Hospital máis próximo ao seu domicilio. En Santiago de Compostela poñemos este servizo de atención ao lesionado en accidente de tráfico no hospital HM La Esperanza.
Contacto Lesionados de Tráfico en HM La Esperanza
Avda. Das Burgas, 2 15705. Santiago de Compostela – A Coruña
Teléfono:699 85 34 31 - 981551200
Este servizo non supón ningún custo para vostede e asegurámoslle a realización pola súa parte dos mínimos trámites administrativos, xa que nós nos encargamos de todo o seu expediente coa compañía de seguros.