Unidade de Investigación Clínica de Enfermidades Crónicas
O Centro de Investigación Clínica en Enfermidades Crónicas, integrado no Hospital HM La Esperanza, pretende poñer á disposición do paciente os tratamentos máis novidosos.
A maneira que temos de ofrecer esta posibilidade é a través da participación nun ensaio clínico. Grazas a iso dáselle a oportunidade de recibir un tratamento de última xeración no contexto dunha atención personalizada que implicaría un seguimento estreito e a posibilidade de contactar en calquera momento co equipo médico.
O noso ámbito de traballo está centrado no tratamento de enfermidades reumatolóxicas como son a artrite reumatoide, artrose, lumbalxia, osteoporose, fibromialxia, etc. Desde o inicio da nosa actividade realizamos numerosos ensaios para ditas enfermidades que incluíron un gran número de pacientes.
O equipo do Centro está constituído por un experimentado grupo de investigadores que inclúe médicos especialistas en Reumatoloxía e Enfermaría. Todo o persoal está instruído nas Guías de Boa Práctica Clínica, que son un conxunto de normas de aplicación internacional que garanten os dereitos, a seguridade e o benestar dos participantes nun ensaio clínico.
Ademais, o Centro conta coa total colaboración de todos os servizos dispoñibles en HM La Esperanza que fosen necesarios para a realización do ensaio, como poden ser os servizos de Farmacia, Radioloxía, Análises Clínicas, etc.